Luns, 10 de xuño. Os telexornais da TVG fanse eco das exclusivas que sacan os xornais sobre distintos casos de corrupción:
ABC: a trama dos ERE pagou viaxes de luxo a Guerrero e a Lanzas
http://www.crtvg.es/informativos/a-trama-dos-ere-pagou-viaxes-de-luxo-a-guerrero-e-a-lanzas-604775
El Mundo: o xerente do PSOE adxudicou un millón de euros ao socio do seu fillo
El País: a dirección do Partido Popular cobrou pluses por gastos de representación por importe de ata 200.000 euros no ano 2011.
Ah, non! Desta exclusiva de El País non informou a TVG. E iso que estaba previsto facelo, pero a media mañá saltou a noticia de que o presidente do Senado recoñecera que non declarara a Facenda o empréstito de 24 mil euros que lle fixo o PP e que aparece nos papeis de Bárcenas. Foi entón cando desapareceu do Telexornal a noticia de El País. As de ABC e El Mundo continuaron en escaleta. Que casualidade!