
Luns, 10 de xuño. Os sindicatos CC. OO. e UXT de Galicia convocan unha rolda de prensa na que anuncian que secundan as protestas convocadas o domingo 16 para “recuperar a democracia” na Unión Europea e para denunciar o “fracaso” das políticas de austeridade, que “se levan por diante emprego, aforro, renda, salarios e dereitos”.
Os secretarios xerais de ámbolos sindicatos, Xosé Manuel Sánchez Aguión e Xosé Antonio Gómez, tamén se refiren á convocatoria de folga xeral do mércores 12 en Ferrolterra.
Os Telexornais da TVG non dan ningunha información sobre a rolda de prensa nin sobre a convocatoria… AÍNDA QUE HABÍA UN EQUIPO DE GRABACIÓN NA MENCIONADA ROLDA DE PRENSA. OBSERVEN A FOTO QUE PUBLICA A PROPIA UXT NA SÚA WEB (e noutros medios tamén se apreza)