Servilismo na TVG

Xa falamos días atrás neste blog do tratamento  “tan especial” que se lles da aos concellos de Lugo e Ourense nos telexornais.
Pois ben, por si existía algunha dúbida sobre a falta do mais mínimo rigor profesional, sirva o que ven de exemplo.
Só no último mes, desde o 7 de Maio ao 7 de Xuño, o Telexornal do mediodía ( o de mais audiencia) emitiu 24 novas relacionadas con temas políticos ou xudiciais (ou ambos) do concello de Ourense.
No mesmo período analizado emitíronse 12 novas relacionadas co de Lugo.  Casualmente neste mesmo mes só se emitiron 3 novas referidas ao de Santiago, onde como sabe toda Galicia os problemas non son precisamente pocos.
Aí van algúns exemplos, pero hai moitos máis.
Calquera pode comprobar a atención que se lle presta a diario ao concello de Santiago, gobernado polo PP, en boa parte dos medios (galegos e do resto de España). Boa proba disto e que a propia Xunta tivo que asegurar que non pensaba disolver a corporacion local porque o que pasaba en Santiago era semellante ao que pasaba en Lugo e en Ourense onde goberna o PSdG.
Quizáis na TVG deberían pensar que se os problemas son iguais, tamén o tratamento informativo debería ser igual.
Pero mentres todo isto pasa, os seus responsables seguen preguntándose o por qué da caída da audiencia nos telexornais.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s