Escándalo e vergoña no Tx serán con Conde Roa

conde roa rrr

No Telexornal serán do venres 7 de xuño ofrécese unha das noticias TRATADAS DO XEITO MÁIS DESCARADO E VERGOÑENTO NOS ÚLTIMOS ANOS NA TVG.

É a información sobre a PETICIÓN DA FISCALÍA DUNHA PENA DE DOUS ANOS E MEDIO DE CÁRCERE E 1.200.000 EUROS DE MULTA PARA O EX-ALCALDE DE SANTIAGO, GERARDO CONDE ROA (PP), POR PRESUNTA FRAUDE FISCAL.

Para empezar, a noticia nin sequera se anuncia nos titulares do Tx:

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-21-00h-603491

Malia a abrir o Telexornal con presuntos casos de corrupción, Blanco e Cacharro, a nova de Conde Roa queda totalmente relegada cando por un criterio lóxico de orde debería de estar no bloque de portada.

Emítese á media hora do informativo, NO LUGAR 27, E DURA… 25 SEGUNDOS !!!!! (menos que o titular adicado ao socialista Xosé Blanco).

PERO O MÁIS GRAVE E ESCANDALOSO É A PRESENTACIÓN DA NOTICIA. A LOCUTORA, EN LUGAR DE DESTACAR A PETICIÓN DA FISCALÍA, DI TEXTUALMENTE (EN SÓ 6 SEGUNDOS !!!!!):

“Remata a fase de instrución do caso por unha suposta fraude fiscal contra o que fora alcalde popular de Santiago, Xerardo Conde Roa”

Vexan e -sobre todo- escoiten:

http://www.crtvg.es/informativos/a-fiscalia-pide-para-conde-roa-dous-anos-e-medio-de-cadea-e-un-millon-douscentos-mil-euros-603464

A noticia sobre CONDE ROA (insistimos: 25 SEGUNDOS) emítese a continuación da do Pleno do CONCELLO DE OURENSE, á que se lle adica ao redor de MINUTO E MEDIO, e centrada case exclusivamente nos “enfrontamentos entre PSOE e BNG”

http://www.crtvg.es/informativos/enfrontamentos-entre-psoe-e-bng-no-pleno-en-que-saiu-reprobado-o-alcalde-de-ourense-603465

olvendo ao caso de Conde Roa, observen os titulares de varios medios de comunicación ao tratar a noticia. Absolutamente nada que ver co Telexornal serán da TVG:

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1432977

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/07/espana/1370603100.html

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/2582238/espana/la-fiscalia-pide-prision-para-el-ex-alcalde-de

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/07/galicia/1370603847_320763.html

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/06/07/fiscalia-pide-2-anos-medio-prision-conde-roa-fraude-fiscal/824842.html

EN RESUMO: UN AUTÉNTICO RIDÍCULO INFORMATIVO DA TVG, E UNHA INDIGNIDADE MÁIS COMETIDA POLOS SEUS RESPONSABLES. COMPORTAMENTOS E FEITOS COMA ESTE DENIGRAN A UN MEDIO PÚBLICO QUE DEBERÍA SER EXEMPLO DE HONESTIDADE

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s