O alcalde de Redondela perde a moción de confianza… e non se da

 

redondela redondela1

O xoves 6 de xuño, o alcalde de Redondela, Javier Bas (PP), perde unha moción de confianza no concello, coa reprobación dos partidos da oposición (PSOE, BNG e agrupación de electores de Redondela -AER-) que esta mesma semana rexeitaron os presupostos para 2013 por consideralos antisociais.

A partir de agora os grupos opositores TEÑEN UN MES PARA PROPOÑER ALGÚN CANDIDATO/A ALTERNATIVO/A Á ALCALDÍA, A TRAVÉS DUHA MOCIÓN DE CENSURA.

Dese xeito, O PP PODERÍA PERDER A ALCALDÍA, xa que a suma de concelleiros da oposición (11) supera aos do goberno (10). Así o destacan nas súas informacións varios medios de comunicación de Galicia:

http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/06/06/alcalde-redondela-pierde-mocion-confianza/824260.html

http://www.abc.es/local-galicia/20130606/abci-mocion-redondela-confianza-201306062159.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/06/06/bas-pierde-mocion-confianza-redondela/0003_2013061370541345771267.htm

http://www.atlantico.net/noticia/244773/javierbas/perdera/hoy/cuestion/confianza/

O Telexornal serán da TVG deste xoves 6 de xuño, TIÑA PREVISTO EMITIR INFORMACIÓN SOBRE O PLENO E A MOCIÓN DE REDONDELA (a noticia estaba na “escaleta” que recolle os contidos do informativo), pero DE XEITO SORPRENDENTE, NON SE EMITE ABSOLUTAMENTE NADA SOBRE O ASUNTO.

Igual os responsables de informativos da TVG agardaban que o alcalde redondelán do PP superase a moción de confianza… pero ao non conseguilo decidiron que non era importante…

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s