Xoves, 6 de xuño: A Plataforma de Afectados por la Hipoteca (PAH) gaña o Premio Cidadán Europeo 2013 que concede anualmente o Parlamento Europeo, ante a indignación do PP por premiar a unha organización o seu xuízo, violenta.
Todos os medios de comunicación recollen o premio e a posterior polémica promovida desde o PP. Todos menos a Televisión de Galicia. Eis algúns exemplos.
A relación da TVG con algúns movementos sociais é de antipatía. A televisión pública de Galicia foi un dos primeiros medios en anunciar, un mes antes!!!!, a presencia da agrupación de Bizkaia de Stop Desahucios nunha manifestación proetarra, un dos argumentos do PP para desacreditar esa plataforma.
Agora que o Parlamento Europeo recoñece o traballo da plataforma, a TVG prefire mirar para outro lado.