O xoves 6 de xuño, a Xunta aproba o decreto de fusión dos concellos coruñeses de Oza dos Ríos e Cesuras, e os Telexornais mediodía e serán da TVG destacan especialmente a noticia, con declaracións do presidente da Xunta que resaltan o feito TOTALMENTE EN POSITIVO:
http://www.crtvg.es/informativos/a-xunta-aproba-o-decreto-de-fusion-voluntaria-de-oza-cesuras-602034
Neste blog XA DENUNCIAMOS VARIAS VECES que o proceso desta fusión estivo salpicado de irregularidades (nunca comentadas nos Telexornais) e a oposición (de partidos e veciños) foi silenciada sistematicamente nos informativos da TVG. Lembrar que tanto en Oza como en Cesuras goberna o PP.
E para non reiterarnos no mesmo outra vez, PUBLICAMOS UN ESCRITO QUE NOS ENVÍA A CONCELLEIRA DE CESURAS EVA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, SOBRE A FUSIÓN E SOBRE AS INFORMACIÓNS DOS TELEXORNAIS DESTE 6 DE XUÑO:
“Son concelleira da oposición no recén “fusionado” concello de Cesuras. Acabo de ver a emisión no telexornal da nova e ofrecedes información sesgada, enganosa e incluso mentiras !!.
A gardería non é un premio á fusión, xa estaba aprobada de antes e ademáis con financiamento estatal.
Por que non se falou nada de que un dos alcaldes, concretamente o de Cesuras, dimitíu o mes pasado tras publicarse a súa “actividade” urbanística ??. E mesmo que na semana pasada se publicou que foi condenado por estafa a un ano de cárcere e inhabilitado para sufraxio pasivo ??.
Tamén está inhabilitado para exercer cargo público o ex-alcalde de Oza Ramón Peón dende antes de que se celebraran os plenos de aprobación da fusión. Tampouco se falou nada da controversia legal respecto á necesidade de votos necesarios para a aprobación da fusión nos plenos de Cesuras e Oza…”
É o texto íntegro, transcrito literalmente, de EVA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, concelleira de Cesuras.
Este blog busca eliminar por completo a manipulación informativa na TVG, pero tamén pode reflectir as distintas opinións e sensibilidades que xurdan nalgúns asuntos.
Pola importancia deste, facémonos eco do comentario da edil Eva Rodríguez (como parte interesada e coñecedora da fusión Oza – Cesuras). Se alguén -cunha responsabilidade similar á dela- está en contra do que opina, pódenos facer chegar a versión que considere oportuna.
Nesta dirección de correo podedes poñervos en contacto con nós:eunonmanipulo@gmail.com
Hoxe celebraron a constitución da Xestora ata os vindeiros comicios. No telexornal non se viu como o nomeamento de Pablo González Cacheiro foi acompañado de abucheos dende o público nin como BERROU en tono autoritario: “Viva Oza-Cesuras e listo! Así se fai!”
Podedes velo no seguinte enlace de Antena 3, aínda que tamén deron a nova un pouco sesgada pois din que o alcalde de Cesuras era José Sánchez e non é certo, dende a dimisión de Julián Lucas (condenado a 1 ano de prisión e inhabilitado para sufraxio pasivo) o pasado 3 de maio, o PP de Cesuras, asesorado pola Deputación e Xunta, retrasaron o nomeamento do novo alcalde de Cesuras para que xa a aprobación definitiva da fusión por parte da Xunta rematara con todo e desviara os focos de atención sobre Cesuras onde os veciños, cabreados polos últimos acontecementos, estaban avivándose en contra da fusión aínda máis do que xa estaban.
E tampouco se fala das razóns polas que os Independentes por Cesuras renunciamos a pertencer á Xunta Xestora nomeada por Vicepresidencia.
Envíovos algúns enlaces das novas na prensa escrita penso que moi aclaratorios.
O debate na fusión Oza-Cesuras desviouse intencionadamente e interesadamente para o tema do arraigo á identidade e aos postos de concelleir@s que se perdían, etc, e non é a realidade. O debate nesta fusión é: a imposición do PP da fusión dende un principio dende a Xunta e a Deputación, o uso das leis ao gusto/beneficio do PP, a elaboración de informes xurídicos á medida (no caso Alfoz-Valadouro facían falta os votos da maioría dos 2/3 dos concelleiros de cada corporación e prevalecía a Lei galega, no de Oza-Cesuras chegaba coa maioría absoluta que exixe a Lei estatal), manipulación dos medios de comunicación, o engano aos veciños de falsas promesas sobre inversións públicas e privadas, e un longo etcétera…
Aproveito para @s que o teñades a ben e entendades que está habendo un verdadeiro atropello da democracia asinedes unha petición do change.org. Moitas gracias!!
http://www.change.org/petitions/xunta-de-galicia-gobierno-de-espa%C3%B1a-y-diputaci%C3%B3n-de-la-coru%C3%B1a-parar-la-fusi%C3%B3n-de-los-ayuntamientos-de-oza-y-cesuras-por-ilegalidades?share_id=kBkdQeLLeG&utm_campaign=friend_inviter_chat&utm_medium=facebook&utm_source=share_petition&utm_term=permissions_dialog_false
http://www.antena3.com/noticias/sociedad/galicia-vivido-primera-fusion-dos-municipios-hace-anos_2013061400157.html
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/06/12/independientes-cesuras-renuncian-formar-parte-comision-gestora/731857.html
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/06/14/pp-psoe-oza-participan-hoy/732427.html
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/06/12/motin-oza-cesuras/731684.html