A TVG está obrigada por lei a ser imparcial e a crear o estatuto profesional

                                                                        

       Xa comentamos que este blog só quere denuncia-la manipulación informativa que se repite día a día nos informativos da TVG, pero NUNCA IRÁ CONTRA A PROPIA EMPRESA, QUE CONSIDERAMOS TOTALMENTE NECESARIA PARA GALICIA.
      Ademáis, pretendemos que dunha vez por todas se creen o Estatuto Profesional e o Consello de Informativos. E iso está amparado pola propia Lei.
      A CRTVG ESTÁ OBRIGADA A SER OBXECTIVA, VERAZ E IMPARCIAL NAS INFORMACIÓNS.
      Existen uns principios que deben inspirar a programación tales como: a defensa da identidade da nacionalidade galega, o respecto á liberdade de expresión, obxectividade, veracidade e imparcialidade das informacións. A separación entre as informacións e opinións e o respecto ao pluralismo político, relixioso, social, cultural e lingüístico.
      Uns principios recollidos no artigo 16 da Ley 9/1984, de 11 de julio, de creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia publicada o 3 de agosto de 1984 no Diario Oficial de Galicia.
      O dereito á información é un dereito fundamental e como tal debe estar protexido. Para iso a Corporación RTVG ten unha función básica: DEBERÁ CUMPRIR COA MISIÓN DE SERVIZO PÚBLICO.
      E entre as ferramentas coas que debe contar para cumprir coa súa tarefa está o Estatuto Profesional destinado a fortalecer a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos. Nel contémplase o Consello de Informativos como órgano interno de participación dos profesionais co fin de velar pola independencia, pola veracidade e pola obxectividade dos contidos informativos difundidos.
      Esta protección e ferramentas recóllense de xeito específico nos artigos 4 e 36 da Lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia que publicou o DOG o venres 16 de decembro de 2011.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s