Luns, 3 de xuño: Abel Caballero convoca “a todo Vigo” a unha “gran concentración cidadá en defensa do aeroporto de Peinador e, por extensión, da cidade e a da súa economía”, para o 19 de xuño. A noticia non sae nos telexornais da Televisión de Galicia. Si en cambio noutros medios..:
http://www.abc.es/local-galicia/20130603/abci-caballero-convoca-vigo-manifestacion-201306031401.html
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/06/03/caballero-convoca-marcha-defensa-peinador/822190.html
Non sería a primeira vez que a competencia entre os tres aeroportos galegos irrompe nos telexornais. O pasado 22 de maio, os informativos da Galega fixéronse eco da demanda do chamado Foro Cívico Empresarial de Santiago, que pediu o peche de Peinador e Alvedro.
Cal é o criterio da TVG? Isto non significa tomar partido?