Mina non, mina si, mina si….

mina si

2 de xuño. O colectivo contraMINAcción convoca unha manifestación en Santiago contra o proxecto de minería a ceo aberto que unha empresa canadense quere facer en Cabana de Berganitños,  apoiado pola Xunta de Galicia.

A TVG emite a información da xornada e deseguido un vídeo no que se amosa unha viaxe que fan veciños da zona que vai ser afectada pagada pola empresa mineira a unha zona de explotación onde xa se traballa na extracción de ouro en Asturias:

http://www.crtvg.es/informativos/manifestacion-multitudiaria-contra-a-minaria-salvaxe-599066

A duración do primeiro video é 1 minuto e 59 segundos, mentres que o segundo é de 2 minutos e 10 segundos.

Neste segunda información saen dous responsables da empresa, un asesor e o director ténico, falando do inocuo que é unha minería deste tipo, e veciños de Bergantiños, que afirman que se ve moita natureza.

Evidentemente que nas informacións hai que escoitar tódalas partes, por iso se debe escoitar tamén a empresa, pero neste caso vaise máis aló.

Despois de silenciar en varias ocasións as protestas dos veciños e distintos colectivos que estiveron recollendo sinaturas para evitar que se poña en marcha a mina de Corcoesto, agora a TVG, ven de dar un paso máis e empregar esta viaxe, pagada pola empresa mineira, prácticamente como publicidade e como contraprogramación a manifestación do domingo.

Bótase de menos que dende a canle pública se elabore unha infornación consultando a especialistas independentes (ademáis de escoitar ámbalas dúas partes) e tamén que se escoite a voz dos directamente afectados, os veciños desas zonas onde realmente a minería xa está a traballar. Voces que poden ser tanto a favor como en contra, atendendo a unha representatividade do que é o clima social da zona.

Esta información semella máis un voto a favor do proxecto mineiro apoiado dende o Goberno galego que un esforzo por afondar na realidade e poder contar de xeito máis obxectivo algo que poña datos a disposición dos cidadáns para que poidan formar unha opinión do que supón este tipo de e decidir en consecuencia se mina non, ou se mina si, sabendo cales son os seus beneficios e as súas consecuencias.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s