Segue o descaro coa moción de censura no Valadouro

rp-valadouro2-24-05-2013

A TVG segue coa teima da moción de censura no concello lugués do Valadouro, onde PSOE, BNG e independentes pactaron para botar da alcaldía -despois de 25 anos de sucesivos gobernos- ao PP.

Pero a insistencia sobre o asunto é completamente TENDENCIOSA E PARTIDISTA.

O Telexornal mediodía do xoves 30 de maio ofrece un video no que representantes conservadores encabezados polo secretario xeral do PP de Lugo, Xosé Manuel Balseiro, dan un prazo de tres días para coñece-lo contido do pacto da oposición, e se non obteñen resposta, seica tomarán algún tipo de medidas…

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-da-un-prazo-de-tres-dias-para-que-se-faga-publico-o-contido-do-pacto-no-valadouro-596607

SÓ SE DA A INFORMACIÓN DO PP. NON HAI REFERENCIAS NIN ALUSIÓNS DO QUE PENSAN OS GRUPOS DA OPOSICIÓN, E MOITO MENOS DECLARACIÓNS DALGÚN REPRESENTANTE… nin PSOE, nin BNG, nin os independentes de Udival.

Por certo, neste asunto non se coñece ningunha opinión do alcalde que vai ser destituido, Xosé Manuel Lamela. Está presente nas roldas de prensa do PP -parece un figurante porque nunca di nada-, pero o que fala é o mencionado Balseiro. E na fin de semana, o que fixo declaracións foi o presidente provincial do PP, Xosé Manuel Barreiro… porqué será ???

Xosé Manuel Balseiro foi o único político, á marxe do presidente da Xunta, ao que se lle dedicou un video no Telexornal, con dúas intervencións nesa peza. Os demais apareceron con declaracións soltas.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s