Os problemas en Ferrol… e os graves incidentes no concello

MANIFESTACION NAVANTIA FERROL 19 ABRIL 2013 /

O xoves 30 de maio, uns 3.000 traballadores de Navantia e empresas auxiliares de Ferrol maniféstanse pola cidade e cortan o tráfico na ponte das Pías, con barricadas e fogueiras de neumáticos.

O Telexornal mediodía ofrece a información:

http://www.crtvg.es/informativos/os-traballadores-de-navantia-cortan-a-ponte-das-pias-596622

Nada de particular, salvo un pequeno detalle: AS IMAXES FORON COMPRADAS POLA TVG A UNHA TELEVISIÓN LOCAL FERROLÁ. A incompetencia dos responsables de informativos chega a tal punto que nin sequera son capaces de preve-la cobertura DUNHA MOBILIZACIÓN PREVISTA DESDE HAI DÍAS.

Igual inflúe tamén o feito de que FERROL CONTINÚA SEN DELEGACIÓN DA TVG, e as informacións da zona soen facerse con equipos desprazados desde A Coruña.

 tensoplenoferrol6_629694_0x0_izda

O mesmo día, pola tarde, prodúcense graves incidentes no concello de Ferrol, cando unhas 200 persoas irrompen durante o pleno municipal e fan que se suspenda.

Houbo moitos apupos e críticas ao goberno do PP, e mesmo o concelleiro (e presidente da deputación da Coruña) Diego Calvo foi zarandeado. Así o reflicten varios medios de comunicación:

http://www.cadenaser.com/espana/articulo/trabajadores-astillero-navantia-irrumpen-fuerza-ayuntamiento-ferrol/csrcsrpor/20130530csrcsrnac_40/Tes

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/los-trabajadores-del-naval-entran-por-la-fuerza-en-el-concello/20130530185216047687.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/05/30/vecinos-ferrol-frustran-pleno-municipal-tras-forzar-entrada-concello/00031369934845312324464.htm

Isa ampla e destacada información nalgúns medios sobre os graves incidentes no concello de Ferrol, CONTRASTA COS ESCASOS 20 SEGUNDOS QUE OFRECE O TELEXORNAL SERÁN:

http://www.crtvg.es/informativos/as-protestas-do-naval-obrigan-a-suspender-o-pleno-de-ferrol-597065

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s