Mayor Oreja… empresario

 

fcc

28 de maio de 2013. O ex presidente de FCC José Mayor Oreja admitiu ante o xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz que no ano 2011 se realizaron dúas doazóns de 20.000 e 40.000 euros ao Partido Popular a través dúas sociedades controladas pola compañía e que non contrataron coa administración pública en 2011.

Nesta información no marco do Caso Bárcenas no informativo Telexornal Serán non se da un dato relevante, José Mayor Oreja é irmán do ex ministro do Interior Jaime Mayor Oreja, do Partido Popular.

Tampouco se apunta que os ‘papeis de Bárcenas’ atribúen ao ex presidente de FCC Construción, entregas ao PP por valor de 165.000 euros.  Segundo o informe da UDEF, as administracións ‘populares’ adxudicáronlle entre 2002 e 2012 un total de 587 obras por un importe de 4.132,58 millóns de euros dos 1.615 contratos públicos que recibiu nese período por valor de 15.004 millóns de euros.

 

http://www.abc.es/espana/20130528/abci-empresarios-donaciones-201305281822.html

 

http://politica.elpais.com/politica/2013/05/28/actualidad/1369751484_277881.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/28/espana/1369726428.html

http://www.crtvg.es/informativos/mayor-oreja-e-o-pp-defenden-a-legalidade-dunha-doazon-de-60-000-euros-595365

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s