Un redactor xefe manipula unha información sobre o PP e Blesa

blesa

Non hai nada máis feo, nin exemplo máis tosco de manipulación que un redactor xefe sexa o que manipule a información dun xornalista sen miramento ningún e deixando rastro descarado da súa acción. O último exemplo ocorreu no Telexornal Mediodía do xoves 23 de maio.

 

A información elaborada pola xornalista era literalmente a seguinte:

 

Polémica tras unha información publicada no portal dixital “Info Libre” onde se asegura que o PP lle pagou seiscentos mil euros a Miguel Blesa entre 1999 e 2006, cando era presidente de Caja Madrid.

 

Remítese a pagamentos por tarefas de asesoramento, que aparecen na contabilidade oficial do partido. Di que algúns serían ilegais porque desde 2003 a Lei de caixas prohibe que os seus presidentes fagan traballos remunerados fóra das entidades.

 

O Partido Popular xa negou esta información nun comunicado.

 

Minutos antes de ser emitida a noticia, un redactor xefe variou considerablemente a información desde o seu ordenador para darlle prioridade ó comunicado do Partido Popular. A noticia emitiuse así:

 

O Partido Popular nega que lle pagara seiscentos mil euros a Miguel Blesa entre 1999 e 2006, cando era presidente de Caja Madrid, tal e como publica hoxe o xornal Infolibre.

 

O PP di que se trata de pagamentos por tarefas de asesoramento, que así figuran na contabilidade oficial do partido. O xornal que algúns serían ilegais porque desde 2003 a Lei de caixas prohibe que os seus presidentes fagan traballos remunerados fóra das entidades.

 

Podédela escoitar neste enlace (por certo, notade como o “corta-pega” do redactor xefe fai que o presentador do Telexornal se trabuque. O autor da manipulación borrou un verbo que fixo inintelixible a derradeira frase).

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-nega-que-lle-pagase-600-000-euros-a-miguel-blesa-591563

 

Para que vexades as distintas varas de medir e as intencións dos amigos da manipulación. Un minuto despois emítese esta información.

 

http://www.crtvg.es/informativos/imputan-a-ex-alcaldesa-de-xerez-polo-suposto-desvio-de-fondos-do-plan-e-591561

 

O comunicado que emitiu esa mesma mañá a ex-alcaldesa, no que lle botaba a culpa ó colapso financeiro do concello de Xerez, debería ir ao principio da información segundo o criterio empregado na noticia anterior. Non foi así. Claro, a política é do partido socialista.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s