Martes, 21: As críticas de Aznar á xestión de Rajoy dinamitan o seo do PP e convértense na información máis destacada das seguintes horas. Mesmo para os Telexornais da TVG, que abren con amplos bloques sobre as reaccións políticas ós furibundos ataques do ex presidente.
Chama a atención que da extensa entrevista a Aznar en Antena 3 TV apenas se recollan 20 segundos no Telexornal Mediodía.
No Telexornal Serán nin apareceron as palabras de Aznar, malia que o primeiro bloque xirou en torno a elas.
En cambio, o Bos Días sí fixo un amplo resumo da entrevista.
http://www.crtvg.es/informativos/aznar-non-descarta-volver-a-primeira-lina-politica-590488
Como podedes ver no enlace anterior, destacaron os seguintes titulares:
-Financiamento do partido: “Nunca recibín sobresoldos (unha palabra proscrita, por certo, nos Telexornais principais desde hai tres días)”
-Acusacións a PRISA: “Queren destruir a honra da miña familia”
-Críticas a Rajoy: “Están castigando as clases medias”
-Reforma fiscal: “O PP debe cunprir o seu programa”
-Volta á política: “Non eludirei o compromiso co meu país”
A maioría destas declaracións non se escoitaron nos principais Telexornais. Cal será a razón? Hai algún interese, alleo ao puramente informativo, polo cal se censuren as palabras de Aznar?