Porque lle chamas pagos complementarios cando queres dicir SOBRESOLDOS?

 

barcenas2

 

Desde hai uns días observamos que a palabra “sobresoldos” se evita nos dous principais informativos da TVG (curiosamente no Bos Días, non).

 

Desde o inicio da rolda de declaracións do xuíz que instrúe o caso dos papeis de Bárcenas, úsase a expresión “pagos complementarios” para referirse aos sobresoldos que recoñeceron moitos dirixentes do PP.

 

Luns, 20: Irrompe nos Telexornais o último eufemismo da factoría PP, os pagos complementarios.

 

http://www.crtvg.es/informativos/garcia-escudero-e-nasarre-reconecen-que-recibiron-pagos-complementarios-do-pp-589657

 

Martes, 21: Os pagos complementarios mesmo aparecen no titular.

 

http://www.crtvg.es/informativos/matas-e-del-burgo-reconecen-ante-o-xuiz-pagos-complementarios-590305

 

Mércores, 22: Máis pagos coplementarios (co ben que entendemos a palabra sobresoldos).

 

http://www.crtvg.es/informativos/jorge-trias-ratifica-ante-o-xuiz-a-existencia-de-pagos-complementarios-no-pp-591030

 

Ata hai dúas semanas os nosos telexornais chamaban ao pan, pan (non sempre, é certo) e ao sobresoldo, sobresoldo:

 

http://www.crtvg.es/informativos/el-pais-di-que-aznar-cobrou-sobresoldos-cando-xa-era-presidente-e-el-negao-584023

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-xuiz-ruz-pide-as-contas-bancarias-nas-que-o-pp-xestionaba-as-doazons-570698

 

O uso da expresión “pagos complementarios” nos Telexornais coincide coa publicación dun comunicado do PP no que se fala de “complementos”. O PP foxe da palabra sobresoldos como se fose o mesmo diaño.

 

http://www.pp.es/actualidad-noticia/declaraciones-garcia-escudero-nasarre-confirman-legalidad-retribuciones_7910.html

 

Curiosa coincidencia entre o repentino cambio na linguaxe do Telexornal e o argumnetario do PP. Ou non é tanta coincidencia?

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s