O Telexornal mediodía do martes 21 de maio informa -moi brevemente- da convocatoria dunha folga comarcal prevista para o 12 de xuño en Ferrol.
Na nova dise que os sindicatos convocan a folga pola falta de traballo na zona e pola diminución constante de poboación:
O que non se di é que a folga se fai tamén (segundo os sindicatos CC. OO., UXT, CIG e USTG), CONTRA A XUNTA, POLA SÚA INOPERANCIA, e CONTRA OS INCUMPRIMENTOS DO GOBERNO CENTRAL (PP) E DO CONCELLO (PP).
Tampouco se comentan os TERRIBLES DATOS DO PARO en Ferrol: UN 32% !!!, moi por riba da media de Galicia.
Por certo: só se dan dous planos, DE INSTALACIÓNS MILITARES !!!; ningunha imaxe da rolda de prensa dos sindicatos (unidos na convocatoria), nin de mobilizacións anteriores.