13 de 14 !!! Récord de noticias a prol do PP

 efe_20111031_112244_pa2013rajoy_1

Debe ser un récord: o luns 20 de maio, no Telexornal mediodía, DAS 14 PRIMEIRAS NOTICIAS QUE SE EMITEN… 13 TEÑEN RELACIÓN COA XUNTA, CO GOBERNO CENTRAL OU CON MEMBROS E/OU INSTITUCIÓNS DO PP !!!!!.

Ahí vai a relación:

A 1ª nova anuncia que embaixadores da UE visitan Galicia… para coñecer os seus sectores económico e cultural (segundo o rótulo sobreimpresionado) e para sabe-lo destino dos fondos procedentes de Bruxelas… pero destácase que FARANO PRIMEIRO CO PRESIDENTE DA XUNTA:

http://www.crtvg.es/informativos/os-embaixadores-da-ue-en-espana-visitan-galicia-para-conecer-os-seus-sectores-economicos-e-culturais-589507

A 2ª refírese a que os ministros de Exteriores da UE buscarán en xullo unha postura común ante a crise. Póñense declaracións do Ministro de Exteriores español, JOSÉ MANUEL GARCÍA-MARGALLO, e do PRESIDENTE DA XUNTA:

http://www.crtvg.es/informativos/os-ministros-de-exteriores-da-ue-buscaran-en-xullo-unha-postura-comun-ante-a-crise-589506

Na 3ª nova fálase da xuntanza mantida por Feijoo e García-Margallo para dialogar sobre o sector naval galego:

http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-e-margallo-analizan-a-situacion-do-tax-lease-589505

Na cuarta, sobre as brigadas antiincendios que se crearán este verán, opinan a Conselleira de Medio rural, ROSA QUINTANA, e o presidente da FEGAMP (e tamén alcalde de Ferrol polo PP), JOSÉ MANUEL REY VARELA:

http://www.crtvg.es/informativos/os-concellos-contaran-con-brigadas-antiincendios-propias-durante-esta-campana-589504

De seguido, ofrécese unha información sobre que a Consellería de Medio rural anuncia novas axudas para silvicultura e reforestación:

http://www.crtvg.es/informativos/medio-rural-anuncia-novas-axudas-para-silvicultura-e-reforestacion-589503

Imos coa sexta; nunha xuntanza para coordenar os tres aeroportos galegos, destácase que a Ministra de Fomento quere que funcionen de maneira coordenada, e que neste momento teñen que ser claves para tirar do turismo:

http://www.crtvg.es/informativos/xuntanza-para-coordinar-os-tres-aeroportos-galegos-589502

Enlazando coa anterior, ofrécense declaracións de JOSÉ MANUEL REY VARELA:

http://www.crtvg.es/informativos/a-fegamp-considera-que-unha-maior-coordinacion-sera-positiva-para-todos-os-alcaldes-589501

Seguimos. Despois do dos aeroportos ven unha nova sobre o Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, que nunhas declaracións ao xornal “Cinco días” di que lle gustaría baixa-los impostos, pero non hai marxe:

http://www.crtvg.es/informativos/montoro-di-que-lle-gustaria-baixar-os-impostos-pero-que-non-hai-marxe-589500

Chega a 9ª; logo de Montoro, ven o Ministro de Economía, LUIS DE GUINDOS, para afirmar que a economía española estabilizarase no derradeiro trimestre deste ano, e que non se poderá baixa-lo imposto da renda ata 2015:

http://www.crtvg.es/informativos/o-ministro-de-economia-di-que-e-imposible-baixar-o-imposto-da-renda-antes-de-2015-589499

E estamos na 10ª nova do Telexornal mediodía; fala dun “proxecto de internacionalización do sector agroalimentario”, no que se ofrecen declaracións do Ministro de Agricultura, MIGUEL ARIAS CAÑETE:

http://www.crtvg.es/informativos/internacionalizacion-do-sector-agroalimentario-589498

Na 11ª chega un pequeno respiro, aínda que con certa “carga de profundidade”; é a noticia de que os sindicatos “defenden unha suba nas cotizacións sociais”:

http://www.crtvg.es/informativos/os-sindicatos-defenden-unha-suba-nas-cotizacions-sociais-para-evitar-que-se-baleire-a-caixa-das-pensions-589497

Na 12ª volvemos ás andadas; a nova alude a que o goberno central traballa na chamada lei de emprendedores que ofrecerá privilexios a extranxeiros que creen emprego. O anuncio fixoo a Ministra de Traballo, Fátima Báñez:

http://www.crtvg.es/informativos/a-lei-de-emprendedores-facilitara-visados-e-residencia-aos-estranxeiros-que-creen-emprego-589496

Xa falta pouco; estamos na 13ª, e anunciase que o PP di que a repartición de déficit será xusta para toda-las comunidades autónomas. Ofrécense declaracións da secretaria xeral do PP, MARÍA DOLORES DE COSPEDAL:

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-di-que-a-reparticion-de-deficit-sera-xusta-para-todas-as-comunidades-589495

E por último, na noticia 14, chega un informe que asegura que a Xunta é a cuarta administración autonómica que paga máis rápido aos seus provedores:

http://www.crtvg.es/informativos/a-xunta-e-a-cuarta-administracion-autonomica-mais-rapida-en-pagarlles-aos-seus-provedores-autonomos-589494

TODO UN EXERCICIO DE EQUIDADE INFORMATIVA NO PRINCIPAL TELEXORNAL DA TVG.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s