A Reforma educativa… “en positivo”

soraya_wert_lomce

 

O venres 17 de maio, o Consello de Ministros aproba a reforma educativa (a LOMCE) que só apoia o PP, e que desatou enormes críticas en tódo-los ámbitos do ensino.

Os telexornais mediodía e serán da TVG dan ese día unha información TOTALMENTE SESGADA E PARTIDISTA sobre a mencionada lei, valorandoa en positivo e ofrecendo un panorama “espléndido” para o futuro da educación en España.

Mostra da “imparcialidade” son as declaracións que se ofrecen; 3 de membros do PP (a vicepresidenta do goberno Soraya Sáenz de Santamaría e o Ministro de Educación José Ignacio Wert, e da Stria. xeral do PP Mª Dolores de Cospedal) e só unha (13 segundos) da vicesecretaria xeral do PSOE Elena Valenciano.

http://www.crtvg.es/informativos/o-consello-de-ministros-aproba-a-reforma-educativa-588437

http://www.crtvg.es/informativos/o-consello-de-ministros-da-luz-verde-a-reforma-educativa-588530

Ademáis de que NON SE OFRECEN DECLARACIÓNS DE PAIS, PROFESORES, ALUMNOS, SINDICATOS DO ENSINO… tampouco se di nada de que a LOMCE RECORTA OS CARTOS DESTINADOS A BECAS, DIMINÚE O PROFESORADO, AUMENTA O Nº DE ALUMNOS POR CLASE, DALLE A RELIXIÓN UNHA RELEVANCIA DESPROPORCIONADA, PERMITE A SEGREGACIÓN POR SEXOS NOS COLEXIOS… etc…, etc…

Si se di que desaparece a “Educación para a cidadanía”, pero nada de que o Consello de Estado (Órgano consultivo do Goberno, que preside todo un símbolo do PP, XOSÉ MANUEL ROMAY BECCARÍA), pedíulle ao Goberno mantela.

Claro que sendo o Día das Letras galegas, disimúlase todo abrindo os Telexornais cunha ampla análise da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s