A SGAE, AGADIC, Reixa, Fasero… un lío inexistente na TVG

1364499481_845645_1364499819_noticia_normal

O mércores 15 de maio salta a noticia da DESTITUCIÓN DE JUAN CARLOS FASERO COMO RESPONSABLE DA SGAE NO NOROESTE DE ESPAÑA (Iso inclúe Galicia, obviamente).

A SGAE (sociedade que xestiona -cobra- polos dereitos de autor) está presidida polo “artista multimedia” galego Antón Reixa.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/15/galicia/1368628859_418217.html

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/14411.html

http://www.europapress.es/galicia/noticia-juan-carlos-fernandez-fasero-destituido-director-sgae-noroeste-20130515195838.html

OS INFORMATIVOS DA TVG NON DAN NIN UN SO SEGUNDO SOBRE ISA NOVA.

A pesar de que o asunto ten moita “miga”: Reixa é accionista de Filmanova, unha produtora DO MUNDO AUDIOVISUAL que traballa ás veces para a Televisión de Galicia.

Hai só uns meses, cando co PP Fasero era director de AGADIC (o Organismo DEPENDENTE DA XUNTA QUE REPARTE SUBVENCIÓNS CULTURAIS), concedeulle a Filmanova case 143.000 euros de fondos públicos para unha montaxe musical (“Galicia caníbal”).

A concesión deses 143.000 euros a Filmanova foi o 2 de outubro de 2012, e poucos días despois, Fasero DEIXOU A XUNTA E PASOU A SER DELEGADO DA SGAE EN GALICIA, ASTURIAS E CANTABRIA…

Unha lea que acendeu as alarmas e despertou tóda-las sospeitas de posible fraude e amaño entre Reixa e Fasero. Este último foi concelleiro do PP en Arnoia (Ourense), e chegou a director de AGADIC co goberno do PP na Xunta.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s