Sen criterio informativo… acoso e derribo a Beiras

 

2013012316464181835

 

O sábado 27 de abril, o Tx mediodía informa da xuntanza mantida polo comité de dirección do PP de Galicia. A presentadora comeza destacando que o PP non valora a proposta socialista para que tódo-los Partidos fagan eleccións primarias, e logo, xa sobre imaxes, resalta que o Partido popular quere institucionaliza-los debates televisados (mesmo o rótulo sobreimpresionado se refire a eso).

 Pero a pesar de destacar eses aspectos, as únicas declaracións que logo se emiten son as de Alfonso Rueda PEDÍNDOLLE A BEIRAS QUE SE DISCULPE PUBLICAMENTE OU QUE DEMITA.
 É dicir, a información destaca o das Primarias e o de institucionaliza-los debates, pero logo vólvese coa teima de “criminalizar” a actitude de Beiras no Parlamento (igual que fixo o día anterior Feijoo, saindo con profusión nos Telexornais…). Só importa resalta-las liortas internas e as broncas e conflictos que afecten a membros da oposición.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s