A TVG “resume a toda presa” os datos do paro en Galicia.

índice

Xoves 25 de abril 2013. Coñécense os datos da EPA na que se superan os 6 MILLÓNS DE PARADOS.

Os malísimos datos sobre o desemprego en Galicia que se reflicten na Enquisa de Poboacion Activa,  fixeron que a Galega pasase “o mais rápido posible” por riba deles.

Os datos din que por primeira vez hai mais de 6 millons de parados en España e en  Galicia mais de 287 mil, un 22,3 por cento

A TVG “esqueceuse” de informar de que o emprego descendera en España una media do 1,90 por cento pero en Galicia chegou ao 2,67 por cento.

Pero mais aló dos detalles desta Enquisa” o que chama realmente a atención e que ningún responsable da Xunta saise no Telexornal avaliando estes datos. Dase a casualidade que o conselleiro de Economía e Industria, recoñeceu na Radio Galega,, este mismo día, que os datos mostraban un “empeoramento do emprego”.

As cousas non quedaron aquí, porque tampoco se ofreceu opinión ningunha dos principias sindicatos de Galicia, nin tampouco de España.

En definitiva, no telexornal do mediodía había moita presa por chegar canto antes ao plan de emprego que este mismo día anunciou a Xunta buscan do”o positivo” do Goberno: axudas á “empregabilidade” dos mozos… lei de inclusión social…

http://www.crtvg.es/informativos/finf:25-04-2013/oinf:ASC/pinf:33742

No único video que se emite só ofrece a opinión do Goberno. Non saen nin os partidos da oposición, nin os sindicatos, nin se lles da a palabra os parados, principais protagonistas desta nova.

Durante toda esa maña, as axencias de noticias informaron deste xeito: a CIG considera “dramática a situación do emprego en Galicia “. CC.OO constata un panorama “desolador” en Galicia e advirte de que por primeira vez en varios anos a ocupación esta por baixo do millón de personas. Para UXT tratase dun rotundo fracaso das políticas de axuste.  O secretario xeral de CC.OO, Ignacio Fernández Toxo, falou mesmo de “emerxencia nacional”

(5º parágrafo)

http://www.europapress.es/galicia/noticia-ugt-ccoo-llaman-ciudadanos-protestar-forma-masiva-mayo-pedir-cambio-politicas-20130425141607.html

http://www.expansion.com/agencia/efe/2013/04/25/18300124.html

http://www.europapress.es/economia/laboral-00346/noticia-economia-epa-psoe-pregunta-tiene-pasar-espana-gobierno-modifique-politica-economica-20130425123402.html

http://www.europapress.es/economia/laboral-00346/noticia-economia-epa-iu-acusa-gobierno-buscar-ejercito-reserva-parados-bajar-salarios-todos-20130425131240.html

Mentres o PP afonda na necesidade de continuar coas reformas pra crear crecemento. Estas declaracións non se escoitaron no TX Mediodía da Galega.

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/25/economia/1366876486.html?a=826d75ca6bfda4fa9867651453c4fe0e&t=1366896843&numero=

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s