Contra a mala xestión e os manipuladores… NUNCA CONTRA A TVG

O sábado pasado (20 de abril) houbo unha xuntanza da Directora da TVG con responsables dos programas informativos e cos delegados nos distintos puntos da comunidade.

Parece ser que nos últimos meses a audiencia está baixando notablemente, e xa hai unhas semanas a Directora de Informativos xuntou aos coordenadores e editores para pedirlles cambios na elaboración de novas, entrevistas, personalizacións (aparicións en imaxe) dos xornalistas… e outros matices.

Basicamente, Rosa Vilas incidíu neso mesmo: coida-las informacións, aportar ideas, destacalo importante e descartalo accesorio… e remar todos no mesmo enderezo, para que non haxa dúbidas sobre a necesidade da TVG no noso pais.

Polas referencias que temos desa xuntanza, en ningún momento se fai AUTOCRÍTICA por parte da Dirección da TVG, NIN SE DESTACAN OS VERDADEIROS MALES DA EMPRESA (especialmente no departamento de Informativos), como poden sela manipulación, a falta de competencia e nivel profesional de moitos dos responsables, e o nulo estímulo que padecen a meirande parte dos traballadores, sobre todo na redacción.

Tamén resulta vergoñento que se compare aos xefes cos simples traballadores, e se lles pida A TODOS, OCUPEN O LUGAR QUE OCUPEN, a mesma responsabilidade…

Sen entrar a valorar que agora mesmo en Informativos só gozan de prebendas (de cargos e económicas) os amigos/as da Dirección, os/as que están comprometidos/as ideoloxicamente co PP, e os/as serviles que escriben “ao dictado”, detéctase unha clara alusión á xente que -como a que elabora este blog- non é colaboracionista coa liña informativa que se segue, e denuncia as irregularidades que se cometen a diario nos espazos informativos da TVG.

Desde aquí queremos RESALTAR e DESTACAR que este blog só naceu e desenvólvese para conseguir que dunha vez por todas se faga o CONSELLO DE INFORMATIVOS, que vele pola honestidade e a decencia informativas, e tamén para demostrar onde e cómo fallan os plantexamentos xornalísticos nos Telexornais e outros espazos.

Pero NUNCA… repetimos: NUNCA vai contra a empresa (que tanto necesita Galicia en tódolos sentidos), nin contra o SERVIZO PÚBLICO, nin moito menos CONTRA OS COMPAÑEIROS/AS que tódolos días fan o seu traballo da mellor maneira posible.

Este humilde blog vai dirixido contra aqueles que, deixándose levar polo seu ideario persoal, ou por manter privilexios (sobre todo económicos) que por valía profesional nunca poderían conseguir, denigran Galicia, aos galegos/as e á TVG. Estamos e estaremos sempre contra eso, para sentírmonos orgullosos de ser XORNALISTAS.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s