Telexornal mediodía do sábado 20 de abril. Emítense unhas declaracións de Alfredo Pérez Rubalcaba (secretario xeral do PSOE), nas que propón suprimir os billetes de 500 euros, para combater a fraude fiscal e para que a xente explique como os conseguíu…
Despois desta información (insistimos, sobre a posible supresión dos billetes de 500 € PARA COMBATER A FRAUDE FISCAL), póñense outras declaracións da presidenta do PP en Cataluña !!! (Alicia Sánchez Camacho), falando de que o PSOE ten problemas internos… que Rubalcaba non pode ser líder da oposición porque non o queren no seu Partido… que se preocupa máis dos problemas internos ca dos dos españois…
É dicir: a unha proposta sobre fraude fiscal do líder do PSOE contéstalle unha responsable autonómica do PP… e sacando todo completamente de contexto… só co afán de atacar a Rubalcaba e aos socialistas.