A Galega camufla a débeda real de concellos e deputacións

fegamp1

O Telexornal serán deste 17 de abril, fai un resumo das cifras totais facilitadas polo Ministerio de Facenda, sobre as débedas dos concellos e outras entidades locais e provinciais.

        Nese resumo só se da o balanzo (moi negativo) de 2012, pero non se di que hai un incremento de case o 20% respecto do ano anterior. Tampouco se comenta que o concello máis endebedado de Galicia é o da Coruña, con case 80 millóns de euros, seguido do de Santiago (curiosamente… ámbolos están gobernados polo PP).
Das Deputacións a que máis reducíu a súa débeda foi a de Lugo (-18,6) e debe 29,7 millóns. Despois Pontevedra (-12,2), pero debe 91,2 millóns. A Coruña (-15,5) debe 67 millóns, e Ourense (-0,7) debe 56 millóns.
      Por suposto, a TVG non da nada sobre que o concello español máis endebedado é Madrid (tamén rexido polo PP), con PRETO DE 7.500 MILLÓNS DE EUROS !!!!! (unha sexta parte do total español). Mesmo un xornal nada sospeitoso, como o ABC, ofrece a noticia destacada…
A TVG, na que información económica ten un papel destacado,  limitouse a emitir unha breve información duns 20 segundos sin concretar a débeda real dos concellos e deputacións de Galicia.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s