A información, que se emitiu no Telexornal a proposta dun redactor xefe que adoita buscar novas en páxinas e portais dixitais de carácter ultraconservador e ultracatólico, é completamente parcial e demoniza a práctica do aborto, non só neste caso senón en xeral, empregando calificativos e imaxes que poden ferir a sensibilidade do espectador e sen antes avisar do contido explícito da información. Ademáis non se dan datos sobre os prazos legais nos que é lexítimo abortar neste caso concreto. O que se consegue é unha total confusión entre aborto e crime. Tamén se critica que os medios norteamericanos non se fixeran eco desta nova, silenciando este caso da que chaman “casa do terror”.
A fonte de referencia para esta noticia é Libertad Digital ou Forum Libertas, un portal ultraconservador, únicos sitios en España onde se reflicte esta nova.
http://www.religionenlibertad.com/articulo.asp?idarticulo=13568
http://actualidadyanalisis.blogspot.com.es/2013/04/kermit-gosnell-el-medico-que-mataba.html
Non hai máis que leer o artigo e ver a información emitida na Galega para establecer a relacción.
Non existe ningunha referencia nas axencias de noticias no día 16, nin nacionais nin internacionais.
Sí existe un documental colgado na rede que ó parecer é de onde se baixaron as imaxes para elaborar a noticia.