“Agresivo” e “ameazante” cos escraches

sigfrid

O ex-deputado canario do PP, Sigfrid Soria, membro da directiva nacional do Partido, declara no seu “twitter” que se él ou a súa familia sufrise algún tipo de escrache, daríalle unha “ostia” ou “arrancaríalle a cabeza” a algún “perroflauta” (sic).

        Despois ratificouse nunha entrevista na cadea Ser, provocando un  auténtico revuelo político e da cidadanía nos medios de comunicación e nas redes sociais.
        Mesmo medios tan “sospeitosos” como “La razón” falaron sobre o asunto, incluindoo na portada.
       Pois ben, os informativos da TVG (TX-1 e TX-2) non deron ningunha referencia sobre o asunto, a pesar da gran repercusión que tivo ao longo da xornada, mesmo en xornais, radios e televisións da dereita.
       Nalgunha ocasión, ao non tratarse de algo que afectase ao PP, a TVG actuou de xeito ben diferente, coma no caso do deputado de UP y D, Toni Cantó, que hai algo máis de dous meses declarou que “a maior parte das denuncias por violencia machista son falsas”. Daquela emitíuse un video completo no Telexornal mediodía.
        Outro exemplo claro do distinto criterio dos responsables da TVG se a polémica e o conflicto “salpican” ao PP ou a outros Partidos.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s