A noticia do 31 de xaneiro sobre a publicación dos papeis de Bárcenas no xornal El Pais ocupou o terceiro lugar na apertura do informativo matinal Bos Días, cando estaba abrindo páxinas e informativos en toda España e mesmo no extranxeiro.
Así saiu a noticia en El País, o xornal que destapou o pago de sobresoldos a dirixentes do PP, entre eles ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e á secretaria xeral do partido, María Dolores de Cospedal.
http://politica.elpais.com/tag/caso_barcenas/a/
Así o recollían edicións dixitais de xornais como o ABC
http://www.abc.es/espana/20130131/abci-directo-barcenas-cospedal-201301311250.html
E así saiu nos informativos de TVG:
- No matinal Bós Días por detrás dunha noticia da tarde anterior sobre o ladrón do Códice Calixtino e dunha previa sobre Iñaki Urdangarín.
http://www.crtvg.es/informativos/noticias-das-8-30h-520478
- No Telexornal Mediodía con dous desmentidos:
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25h-520667
O día 1 de febreiro, a noticia seguía sendo portada en tódolos medios españois, agás en Televisión de Galicia.
O principal informativo da canle autonómica, o Telexornal Mediodía, abría con dúas noticias sobre a xornada de Galicia na feira de turismo Fitur, e deixaba para o terceiro lugar o caso dos papeis e Bárcenas. A cuarta noticia dedícouse ó caso Pujol en Cataluña, e prácticamente se lle deu a mesma categoría que a de Bárcenas.
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25-h-521722
O Telexornal Serán abriu os seus titulares cos “24 días seguidos de chuvia en Galicia”, e seguiu con dous sucesos antes de informar sobre o caso Bárcenas.
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-21-00h-522159
Así saiu noutros medios españois.
http://www.lavozdegalicia.es/2013/02/01/noche/index.htm
http://www.elmundo.es/elmundo/hemeroteca/2013/02/01/m/index.html
O día 5 de febreiro a noticia de que El Pais entregaba os papeis de Bárcenas á policía emitiuse como se na redacción do xornal houbera unha redada.
http://www.crtvg.es/informativos/a-policia-persoase-no-pais-e-levase-os-papeis-de-barcenas-523829
Era certo que o director de El País entregara os papeis á policía a petición do xuiz, pero voluntariamente, para colaborar coa investigación.
En canto a hipótese de que os papeis eran falsos, que citaba como única fonte ó Periodista Dixital, nunca foi confirmada e, de feito, apenas tivo más repercusión mediática ca de Periodista Dixital e TVG.