A “afrenta” de Feijóo ás vítimas de Angrois

victimas-alvia-concentracion-obradoiro--644x362

 

Sábado, 26 de xullo: As vítimas do accidente de tren en Angrois e os seus familiares acusan ao presidente da Xunta de sufrir o día anterior unha “afrenta”. Indícanlle a Feijóo que “o pobo galego, os españois de ben e toda a Humanidade”  lle agradecerían que marchara.

 

 

A Plataforma Víctimas Alvia 04155 asina a carta dirixida ao presidente e enviada aos medios de comunicación.  Sinalan directamente a Feijóo e denuncian que a súa conducta “é  contraria aos dereitos humanos, aos máis mínimos sentimentos de piedade e humanidade e o pobo galego non merece ter un presidente que actúa con tamaña vileza e vesania”. Por elo, esixen a súa demisión.

A información sobre a carta aparece nos principais medios de comunicación:

 

http://www.farodevigo.es/galicia/2014/07/26/victimas-alvia-piden-dimision-feijoo/1064736.html

http://www.laregion.es/articulo/galicia/victimas-alvia-piden-dimision-feijoo-no-dejarles-ir-medallas-galicia/20140726130556484148.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/07/27/colectivo-victimas-accidente-carga-contra-feijoo/0003_201407G27P8992.htm

http://www.elidealgallego.com/articulo/galicia/victimas-alvia-piden-feijoo-dimision-carecer-humanidad/20140726225812200653.html

 

Todos, non. A Galega non quixo amolar ao presidente

Deixar un comentario