Evitando dicir que o xuiz bébedo é próximo ao PP

 

 

                 O domingo 1 de xuño, o maxistrado do Tribunal constitucional, Enrique López, moi próximo ao PP, é detido en Madrid por varios delitos contra a seguridade vial: saltar un semáforo en vermello, conducir a súa moto sen o casco regulamentario, e cuadriplicar a taxa máxima permitida de alcohol.

 

                   López é coñecido porque en xuño de 2013 foi colocado no Tribunal constitucional polo goberno do PP, despois de que fose vetado polo PSOE durante seis anos no Congreso e no Senado.

 

 

http://politica.elpais.com/politica/2014/06/01/actualidad/1401625400_720528.html

 

 

http://www.cadenaser.com/espana/articulo/juez-enrique-lopez-da-positivo-control-alcoholemia/csrcsrpor/20140601csrcsrnac_10/Tes

 

 

http://www.elmundo.es/espana/2014/06/01/538b6689268e3e37028b4576.html

 

 

http://www.rtve.es/noticias/20140601/juez-del-tc-enrique-lopez-imputado-cuadruplicar-tasa-alcoholemia/946601.shtml

 

 

http://www.antena3.com/noticias/espana/enrique-lopez-juez-constitucional-interceptado-moto-casco-borracho_2014060100059.html

 

 

http://www.publico.es/politica/524441/el-juez-del-constitucional-enrique-lopez-dimite-tras-dar-positivo-en-el-test-de-alcoholemia

 

 

            Na TVG, o telexornal serán do domingo ofrece só unha breve reseña da noticia, sen aludir en ningún momento á vinculación de López co PP:

 

http://www.crtvg.es/informativos/dimite-o-maxistrado-do-tc-enrique-lopez-interceptado-en-moto-sen-casco-e-ebrio-826723

 

              Ese informativo da TVG non lembra para nada outros casos coñecidos de incidentes de tráfico de dirixentes e membros do PP, como Esperanza Aguirre, Miguel Ángel Rodríguez, Ignacio Uriarte ou o ex-edil santiagués Ángel Espadas…

 

               … E tampouco se di que, coa dimisión de López, no Pleno do Constitucional seguirá habendo mayoría de xuices conservadores (seis), fronte aos progresistas (5), ademáis de que o substituto de aquel será nomeado directamente polo executivo de Mariano Rajoy…

 

               Pero o pior estaba por chegar; o luns 2 de xuño, nin o Telexornal mediodía nin o Telexornal serán dan ninguna información sobre o asunto, a pesar de que se confirma que o presidente do Tribunal Constitucional, Francisco Pérez de los Cobos, admite a dimisión de López.

Deixar un comentario